TEMA 1 – LAS TIC EN LA SOCIEDAD DE LA INFORMACIÓN

1. ¿Que entendes por TIC? ¿e por sociedade da información?

Tecnoloxías da Información e da Comunicación.
Por outra banda, entendemos por sociedade da información aquela que utiliza as novas tecnoloxías para a realización de actividades e mellora do aprendizaxe.

2. Identifica 3 exemplos nos que o impacto das Novas Tecnoloxías haxan producido cambios significativos na sociedade e explica por que.

- No ámbito escolar: estas novas tecnoloxías posibilita a utilización de ordenadores, tablets na aula o que influirá notablemente no transporte de material escolar reducindo así o peso da carga do alumno.

- No ámbito deportivo: utilización de drons, de sensores de movemento, cámaras con diferentes características que mellorarán a visualización das diferentes probas.

- No ámbito periodístico: neste ámbito é onde máis influíu porque facilita a comunicación entre países de todo o mundo e a inmediatez da información e unha das características máis importantes destes novos aparatos.

3. ¿Cres que as innovacións tecnolóxicas producen innovacións educativas? ¿Por que?

Sí, xa que posibilita novas formas de aprendizaxe máis dinámicas e divertidas que as tradicionais, as cales solen promover o aburrimento e o desinterese do alumno. Así como novos instrumentos para a transmisións dos contidos, que farán máis fácil a adquisición de coñecementos por parte dos estudantes.

4. ¿A innovación tecnolóxica será unha oportunidade para cambiar as institucións, mellorar a educación…? Xustifica a resposta.

Sí, a tecnoloxía ten a posibilidade de cambiar estas institucións, xa que temos información abundante para isto, pero temos que saber seleccionala e saber elixir cal é a que nos interesa e cal no.


5. ¿Qué competencias docentes debe dominar un profesor/a para desenrolar unha ensinanza innovadora con TIC?

- Manexo do sistema informático básico.
- Formación permanente en coñecementos ofimáticos e internet.
- Utilización de programas/aplicacións informáticas.
- Actualización permanente dos seus contidos
- Uso multimedia para favorecer a enseñanza.
- Utilización das TIC para acceder a información e a resolución de problemas.

6. ¿Que competencias posedes no teu grupo e como sería a mellor forma de adquirir as que non tendes?

Competencias que posemos
Competencias que non posemos
- Coñecementos en ofimática
- Cooperación
- Unión
- Curiosidade
- Falta de liderazgo
- Inexperiencia

7.Recorda vosa experiencia de estudantes no IES e analiza o uso das TIC que se emplearon na túa formación. Elabora varias propostas xerais sobre os cambios e os modos de integrar as TIC.

No instituto, recordamos con respecto ao tema TIC ter varias aulas especializadas adaptadas e equipadas con ordenadores, pantallas táctiles e  proxectores no que se promovía o uso destas tecnoloxías. Coa aplicación do Proxecto ABALAR, que ten como obxectivo a integración plena dos alumnos nas TIC, aprobado pola Xunta de Galicia, moitas aulas e institutos da comunidade puideron actualizarse e modernizarse cara o mundo das novas tecnoloxías. Así como a implantación e oferta de novas materias de ámbito específico e de libre escolla como Imaxe e Son, Informática ou Tecnoloxía.

Comentarios

Entradas populares